jueves, 20 de septiembre de 2018

Formación E-Dixgal

cfr

Conexionado do equipamento
Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.
http://atio.es/eva/ficheiros/ficheiros/eva_dixital_xeneralidades.pdf


Pantalla principal


1. Cabeceira

A cabeceira está formada polos seguintes elementos:
  • Logotipo EDIXGAL: Ao facer clic sobre este logotipo volvemos á pantalla principal da plataforma EVA
  • Identificación do usuario: Na parte superior dereita da pantalla móstrase o nome do usuario e ao facer clic sobre él podemos ver a información do perfil
  • Menús principais da plataforma EVA: Idioma, O meu escritorio, As miñas materias, Ferramenta de Autor, Axuda

2. Barra de menú "destacados"

A barra de menú "destacados" contén os seguintes elementos:
  • Selector de "Ocultar / mostrar" barra de menú
  • O meu perfil, Mensaxes, Materias, Cualificacións, Axenda, A miña clase

3. Esquema da materia

O esquema da materia, situado no centro da pantalla está dividido en seccións ou temas, que están destinados a conter os distintos recursos e actividades asignados a cada tema. Sempre hai un tema 0 ou tema inicial, onde está situado normalmente o "Foro de novas".
Desde o menú de administración da materia podería seleccionarse a opción de mostrar unha páxina por cada tema, co fin de non ter un esquema do curso demasiado longo.
Dentro dos temas, cada recurso ou actividade contén unha icona identificativa do tipo de elemento e un nome e un nome que lle serve de enlace ao propio recurso ou actividade. Poden aparecer etiquetas, que son un tipo de recurso que permiten amosar texto e cualquera outro tipo de contido directamente no esquema da materia (temas).

4. Columna de bloques

No lado dereito do esquema da materia (temas) aparecen os bloques. Os bloques conteñen ferramentas que apoian e facilitan o desenvolvemento da materia, así como ferramentas de xestión e configuración. Os bloques pueden moverse e eliminarse para adaptalos ás necesidades do curso e da materia. Ademáis, hai numerosos bloques dispoñibles que poden engadirse fácilmente ao activar o Modo Edición.

5. Botón edición

O botón edición, situado na parte superior dereita da pantalla (encima da columna de bloques) permite activar/desactivar o modo edición.
Este "modo edición" activa e mostra diversas ferramentas de configuración da materia.

domingo, 9 de septiembre de 2018

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.



O profesorado que imparte en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premiun para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado,  e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades uso e as pautas a un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta neste novo Servizo.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acurtar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestrutura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha dúas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/proxecto-e-dixgal-servizo-premium-de-atencion-soporte-e-acompanamento

martes, 4 de septiembre de 2018

Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.

Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal